Mostrando entradas con la etiqueta Fina Casaderrey. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fina Casaderrey. Mostrar todas las entradas

13 enero 2008

Festa da chourizada

FIN DE SEMANA MÁIS PRÓXIMO ó DÍA 20 DE XANEIRO
(Santa María de Oía, Pontevedra)
RASGOS DE IDENTIDADE:
Saíndo da populosa cidade de Vigo pola estrada da costa que nos leva ata A Guarda, pasando pola histórica Baiona, chegamos ó concello de Santa María de Oia. Santa María é unha das parroquias, coa súa fermosa igrexa, ergueita preto das ondas do Atlántico que baten con menos fervura morrendo suaves e abrancuxadas. A súa historia está ligada intimamente ó Mosteiro Cister-ciense, hoxe propiedade particular do que, contan por tradición, saía un túnel que comunicaba coa Cápela de San Sebastián, que noutrora servía de vía de escape: "aínda hoxe batendo no chan óense os golpes a oco, pero ninguén quixo indagar a existencia do túnel".
É Oia un pequeño concello, de tradición cabalar (curros de Mongas e Torroña), mariñeiro e turístico, protexido polos montes Bicaludo, Castro e Marinas, e enfrontado ó ruxir das ondas do océano embravecido nos días de ventolada mareira.
ORIXE E DESENVOLVEMENTO:
No ano 1991 a Comisión das Festas Patronais recuperaba unha longa tradición que había en Sta. Mª de Oia. O día de San Sebastián, 20 de xaneiro, nas salas de festas Miramar, primeiro, e Costa Brava, despois, celebraban unha festa-baile, onde tódolos asistentes tiñan o costume de leva-la cea. Esta consistía nuns chourizos (asados, fritidos...) que comían na mesma sala cara ó descanso da festa. Cando as forzas estaban reparadas seguía a troulada cun ambiente de clara amizade e con promesas de que ó ano seguinte, estarían a celebra-la chourizada, que así lle chaman.
Nembargante, a festa foi a menos ata chegar a perderse. Celedonio Álvarez Pérez, Manuel Álvarez Alonso e Pablo Álvarez Crespo, presidente e membros da comisión, foron os pioneiros na recuperación da mesma, anque dándolle un aire novo. Cambiaron a data para a fin de semana máis próxima ó día 20 e o lugar de celebración que pasou a se-lo Centro Cultural Parroquial, encargándose, a comisión, de leva-los chourizos para degústalos por un baixo prezo, o que ó mesmo tempo, servíalles para subvencionar parte das festas patronais.
A festa desenvólvese durante dous días, sábado (dende as catro da tarde) e domingo (todo o día), completando a degustación a leda música de grupos folclóricos e orquestras, nos locáis do Centro Cultural, polo que non corre perigo de suspensión aínda que haxa mal tempo, renovando aquel aire de relación e amizade do que os propios vecinos tiñan morriña.
PRODUCTO EXALTADO:
No ano 1994, co motivo de consolida-la festa, decidiron ampliala, organizando no primeiro domingo do mes de xaneiro e tamén no Centro Cultural, a Primeira Matanza dos Porcos para a Chourizada. Dende primeiras horas do día pódese observa-la matanza, o troceado, a preparación da zorza, e degusta-lo fígado encebolado, filloas do sangue e bolas do sangue (ver receitas), por prezos moi axeitados; ou asistir á poxa que a partir das catro da tarde fan das cachuchas, lombelos, costelas e osos dos porcos.
Os chourizos asados ou crus, son os protagonistas da festa. Preparan a zorza coas carnes picadas, pemento doce, pemento picante (pouquiño), alio de abondo, moi picadiño, e sal con regalía. Logo de tela tres días a prepararse, remexéndoa unha vez ó día, fan os chourizos que serán afumados, primeiro con loureiro e logo eos rachóns de carballo que arden lentos, degustándoos os días da Chourizada.
PUNTOS DE INTERESE TURÍSTICO:
—Paisaxe da Costa: O Feixoal.
—Mosteiro cisterciense e Igrexa de Sta. Mª de Oia.
—Cápela de San Sebastián.
—Ponte de San Cosme.
del libro: Festas gastronómicas de Galicia de Mariano García y Fina Casaderrey. Ed. Xerais. 1994

22 de noviembre

  Deirdre frunció el entrecejo. —No al «Traiga y Compre» de Nochebuena —dijo—. Fue al anterior… al de la Fiesta de la Cosecha. —La Fiesta de...